Programa PAE

PROGRAMA PAE

 (Apoio específico a nenos e nenas  con TDAH)

 

O  TDAH é un trastorno que afecta  do  3 ao  5% dos nenos e nenas en idade escolar e que se  manifesta en niveis de atención, concentración, actividade, distracción e impulsividade inadecuados  para a súa idade. Calcúlase que entre un 30 e un 60% dos nenos e nenas  con este trastorno seguirá con síntomas na idade adulta.

Este  trastorno , reflicte situacións complexas , a miúdo ligadas a diferentes patoloxías , que manifestan  múltiples expresións do sufrimento infantil afectando a aspectos fundamentais da vida do neno/a.  Dende moi pequeno pode sentirse  alleo ao grupo de amigos e compañeiros e percibir o rexeitamento  en varios ámbitos  en relación  ao conflito que o seu comportamento  crea  no entorno. Ten  dificultade para fixar a atención, seguir unhas pautas sinxelas  de comportamento ou  recordar a necesidade de realizar tarefas, o que a miúdo o leva ao  fracaso escolar, baixa autoestima, inseguridade afectiva, etc.

O tratamento dos nenos/as con TDAH depende de cada caso individual, implicando  simultánea e coordinadamente  terapéutica psicolóxica,  farmacolóxica, psicopedagóxica e psicosocial.  Ningunha destas modalidades é única e exclusiva, nin pode suplir ás demais.

Documento informativo

Información e contacto 

FANPA  Pontevedra: r/ Xan Guillerme 9, 986 843 412 ou no e-mail actividades@nontedurmas.org

 

ANIAS: r/ Echegaray 39, 986 864 598/ 615 780 528 ou no e-mail extraescolares@anias.es